CASGASS – Estudando as pesquerias artesanais galegas

O pasado Luns asistimos á primeira reunión de coordinación do proxecto CASGASSCAtch rate Standardisation of finfishes targeted by the GAlician (NE Atlantic) Small-Scale fishery” (Estandarización de capturas das pesquerías artesanais de Galicia). A reunión tivo lugar nas instalaciones da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, UTPB UTPB (Unidade Técnica de Pesca de Baixura) que actúa como socio no proxecto e serve ó goberno autónomo (Xunta de Galicia) para desenvolver estratexias de xestión coas distintas confrarías de pescadores.

O proxecto, financiado por o programa ICES Science fund, ten como obxcetivo estandarizar os datos de captura e esforzo obtidos de observadores nos buques pesqueiros comerciais para un listado de especies obxecetivo para as pesquerías artesanais[1]  galegas (ICES areas IXa e VIIIc). Esto permitiría obter índices de abundancia para ser utilizados como inputs para diferentes modelos de evaluación das poboacións. Un segundo obxectivo e investigar o grao de sincronía entre as tendencias na abundancia das especies estudiadas en relación con as condicións ambientais e rasgos da historia vital.

As pesquerías artesanais galegas teñen unha gran importancia socio-económica e xogan un papel ecolóxico vital no ecosistema costeiro; pero a pesar do seu interese estas pesquerías foron pouco estudadas hate o momento (Freire and arcía-Allut 2000). Ademais, o seu interese dentro do debate da Política Pesqueira Común aumentou recentemente e ICES manifestou a importancia de recopilar información de especies suxietas a explotación en augas europeas costeiras ainda que non estén incluidas en plans de xestión (listado de novas especies de interese).

Typical artesanal vessel operating in Galician waters - Copyright: David Villegas-Ríos

A pesar de ter unha larga e complexa historia en Europa, a flota artesanal recibiu pouca atención no debate sobre a xestión pesqueira europea. A nova PPC, sin embargo, pretende correxir estas carencias e introducir novas medidas específicas para o sector artesanal. O noso proxecto ten como obxectivo mostrar máis luz sobre a variabilidade na abundancia dos recursos pesqueiros explotados por esta flota en augas galegas mediante o fortalecemento da colaboración entre as institucións gubernamentáis (Xunta) e o mundo académico (CSIC) que cremos é, e seguirá sendo, un tema de crecente importancia para ICES e a PPC.

 


[1]    We here define the small-scale fleet as those vessels that are smaller than 18 m length and 50 GRT that operate in coastal waters during daily trips on inshore waters. Excluded are trawlers and seiners that operate on offshore waters.

Leave a Reply