Comeza o proxecto GADCAP

O proxecto GADCAP , proxecto Marie Curie da Unión Europea, está liderado por un dos nosos últimos doutorandos, Alfonso Pérez Rodríguez. Alfonso, recentemente galardonado co premio de excelencia por a sua tese doutoral na Universidade de Vigo, traballará en Bergen (Noruega) no IMR durante os próximos dous anos desenvolvendo un modelo de evaluación multiespecífico GADGET para o caladero de Flemish Cap (NAFO), incluindo bacallao, gallineta e camarón. O principal obxectivo do proxecto GADCAP é proporcionar estratexias alternativas de xestión para a pesquería de Flemish Cap a través do crecente coñecemento adquirido da dinámica poboacional destas especies nun contexto de actividade pesqueira e variabilidade ambiental.

The Flemish Cap is located within the regulatory area of the Northwest Atlantic Fisheries Organization (NAFO)

Aunque a maior parte do traballo será desenvolvido no IMR baixo a supervisión de Dr. Daniel Howell e a valiosa colaboración de Dr. Bjarte Bogstad, os obxetivos do GADCAP necesitan da interacción de multiples instituciones científicas internacionales:  Centro do Instituto Español de Oceanografía de Vigo (IEO), el Instituto de Investigacións Mariñas (Vigo) (IIM-CSIC) e o Portuguese Oceanic and Atmospheric Institute (IPMA).

Detalles do proxecto, información e noticias estarán dispoñibles no blogue do proxecto:

GADCAP
EU Marie Curie project for multiespecies modelling of Flemish Cap fisheries (NAFO 3M)

Leave a Reply