Sobre nós

O grupo de Ecoloxía Pesqueira integrase dentro do Departamento de Ecoloxía e Recursos Mariños do Instituto de Investigaciones Marinas (IIM), dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). CSIC é a maior institución pública dedicada á investigación en España e a terceira mais grande de Europa. Pertence ó Ministerio de Economía e Competitividade a través da Secretaría de Estado de Investigación.

O grupo de Ecoloxía Pesqueira desenvolve as súas actividades na liña de Enfoque de ecosistemas á xestión de recursos mariños vivos .

 O obxectivo xeral do grupo é xerar coñecemento e desenvolver os instrumentos necesarios para a posta en práctica do enfoque de ecosistema na xestión de recursos mariños vivos. Nesta liña, o grupo de Ecoloxía Pesqueira pretende non só colaborar coa xestión e conservación de devanditos recursos e o seu ecosistema, senón tamén dar resposta ás demandas socioeconómicas dos sectores produtivos dependentes do medio mariño. No cumprimento deste obxectivo é relevante a participación de membros do equipo en organismos científicos asesores da xestión pesquera, como NAFO ou ICES. Destacar a nosa implicación directa na creación do Grupo de Traballo de Potencial Reproductivo de NAFO, e participación activa no Grupo de Traballo de Ciencia e Avaliación  Ecosistémica (WGESA).

Encadrado neste escenario, o grupo desenvolve o seu traballo sobre as pesquerías de diversas especies explotadas, obxectivo tanto da pesca industrial e artesanal como recreativa. Os proxectos de investigación nos que se traballa inclúen tanto a análise da dinámica de poboacións, como o estudo de parámetros biolóxicos esenciais, interaccións críticas, as relacións entre especies e o uso do hábitat, sempre encamiñado a mellorar o coñecemento da ecoloxía das poboacións e os mecanismos que determinan as fluctuacións na súa abundancia, con especial énfasis no estudo do recrutamento e do potencial reproductivo e o impacto das diferentes medidas de xestión pesqueira sobre os mesmos.

Debido á situación de sobre explotación xeral dos recursos e ao cambio nas estratexias de xestión pesqueira, o grupo tamén orienta os seus esforzos ao desenvolvemento de novas ferramentas de avaliación e xestión que considere a resiliencia das poboacións e o uso de indicadores ecosistémicos, en particular en recursos con datos limitados.

Como apoio a estas liñas de investigación, o grupo conta cun laboratorio de histoloxía onde se procesan mostras para os estudos de bioloxía reproductiva, un laboratorio de análise de imaxe no que se desenvolveron diversos protocolos para a estimación de parámetros reproductivos, equipamento para a determinación da idade mediante lectura e interpretación de aneis de crecemento en otolitos, un laboratorio para análises bioenerxéticos e máis recentemente tecnoloxía para o desenrolo de estudos de ecoloxía espacial mediante técnicas de telemetría acústica. Todos os detalles acerca das nosas intalacións e recursos aquí.

As investigacións levadas a cabo por o grupo de  Ecoloxía Pesqueira son xestionadas mediante proxectos de I+D. Pertenezan ó ámbito da investigación básica, aplicada ou tecnolóxica,  permiten desenvolver, dentro de un marco definido, as diferentes actividades investigadoras. A maioría dos proxectos de I+D teñen carácter plurianual e dependendo do organismo financiador poden ser transnacionais, ademais a maioría dos proxectos se desenrolan en colaboración con outros organismos de investigación.

A totalidade dos proxectos nos que se participa proveñen de convocatorias competitivas. Os proyectos de investigación básica ou aplicada proveñen fundamentalmente de tres organismos:

El listado completo de proxectos pódense ver aquí.

En anos recentes, dende o grupo fíxose un especial esforzo en participar en proxectos de prospectiva e desenrolo tecnológico do sector pesqueiro, fundamentalmente en Galicia, colaborando en estudios de prospectiva e participando no Comité de Dirección Estratéxica da Plataforma Tecnolóxica Galega da Pesca. También dedicouse especial atención a proxectos de cooperación ó desenrolo participando en asesorías técnicas da AECID, proxectos PCI e becas AECID-MAE e en estudos para o Banco Interamericano para o Desenrolo.

Algúns dos proxectos de investigación se desenvolven de maneira exclusiva dentro do grupo, pero o mais habitual é realizalos conxuntamente con outras institucións. Estas colaboraciones permiten aunar esfuerzos, conocimientos y equipamientos.

 

Leave a Reply