Luis Outeiro


Información de contacto

Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)

Eduardo Cabello, 6. Vigo. Pontevedra. 36208 (España)

(+34) 986231930

louteiro@gmail.com

@luisouteiro

 

Líneas de investigación

Licencieime en Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela e Doutoreime en Xeografía Fisica na Universitat de Barcelona. A fase predoutoral desenvolvina adscrito a temáticas de ecoloxia terrestre e fluvial dentro do grupo de investigación GRAM da UB. Nesa fase traballei técnicas e ferramentas de modelización espacial de tipo Bayesiano como é a Xeoestatística (variograma e diversos tipos de kriging). Aproveitei estas técnicas para aplica-las temáticas de edafoloxía ecolóxica, ecoloxía forestal, ecoloxía do lume e o problema dos grandes incendios forestais. Nesta fase puiden aproveitar para facer estadías de investigación (Portugal, Reino Unido, Australia e Estados Unido), participar en dous proxectos MEC de Investigación, estar contratado nun proxecto do Ministerio de Ambiente da Francia, e gañar unha predoutoral FPU do Ministerio español por 4 anos coa que puiden aproveitar para ser profesor na Universitat de Barcelona. O meu primeiro acercamento “científico” á área da ecoloxía pesqueira e mariña desenvolve-se no primeiro concurso postdoutoral ao que concurro no 2012 nas convocatorias postdoutorais FONDECYT de Chile. Obtiven finanzamento para desenvolver por 3 anos un proxecto centrado no mar Interior de Chiloé (Patagonia chilena) na que traballei modelos de distribución de especies sésiles, modelos de impacto ambiental da acuicultura e modelización espacial de servizos ecosistémicos mariños e costeiros. Nesta fase puiden desenvolver tamén un enfoque multidisciplinar traballando con antropólogos, sociólogos, economistas, ecólogos, acuicultores, técnicos de xestión da administración para poder diseñar estratexias de planeamento espacial mariño con énfase nos servizos ecosistémicos mariños. Ao rematar esta fase achegueime a temática da ecoloxía de ecosistemas e da modelización trófica de ecosistemas mariños, utilizando a ferramenta Ecopath with Ecosim e tras unha breve posdoutoral na Universidade Federal de Rio Grande do Norte (Brasil), obtiven finanzamento para desenvolver o proxecto postdoutoral da Xunta de Galicia dentro do programa I2C (Innovación, Investigación e Crecemento) por 3 anos 2015-2018. Actualmente veño desenvolvendo este proxecto e temática coa axuda do grupo de Ecoloxía Pesqueira do IIM despois de dúas estadías no Institute pour le Recherche et Developpment (Sète, Francia) e no Institute of Oceans and Fisheries da UBC. Un dos obxectivos deste proxecto é responder a pregunta da capacidade de carga dende unha perspectiva ecosistémica das bateas de mexillón na Ría de Arousa. Ademáis pretende-se aportar novos coñecementos sobre a distribución dalgunhas especies (Zostera, Aequipecten opercularis, etc) e obter estimacións de abundancia e biomasa das máis de 70 especies de vertebrados e invertebrados que conforman o ecosistema de Arousa. Ademáis de modelizar a cadea de valor e os fluxos desa cadea de valor que vai dende o pescador artesanal ata o consumidor final para poder aportar novos coñecementos que dean orixe a políticas públicas orientadas hacia uns ecosistemas mariños máis sustentabeis, eficientes e con maior xustiza social e igualdade.

 

Production científica