PAULA RODRÍGUEZ TAMARGO

Información de Contacto

Instituto de Investigaciones Marinas (CSIC)
Eduardo Cabello, 6. Vigo. Pontevedra. 36208 (Spain). (+34) 986231930 ext. 241
paulartamargo@iim.csic.es

Liñas de Investigación e experiencia en laboratorio

Son Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía dende 2005 e dende aquela  veño traballando en temas de investigación mariña .

Dende 2006 ata 2010 desenvolvín as miñas funcións no Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago realizando análises de biotoxinas a partir de mostras frescas de moluscos bivalvos, conservas e pensos secos mediante a técnica de bioensaio con rato e HPLC.

Dende 2010 ata 2012 disfrutei  dunha bolsa no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) da Xunta de Galicia realizando mostraxes de moluscos no intermareal galego, procesado histolóxico de moluscos, observación no microscopio óptico de preparación histolóxicas de moluscos das rías galegas e técnicas moleculares (extracción de ADN, PCR e FISH)

En setembro de 2012 incorporéime ó equipo de Ecoloxía Pesqueira do Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo. As miñas funcións consisten no procesado histolóxico de gónadas de peixes e estimación de fecundidade. Tamén participei na campaña oceanográfico-pesqueira FLEMISH CAP-13, nas augas de Terranova e a bordo do B/O Vizconde de Eza como persoal técnico de apoio.

Teño 14 cursos de formación continuada rematados  e máis a certificación da categoría B para o manexo de animais de experimentación.

Leave a Reply