STREPHALIBUT

Análise do potencial reproductivo para mellorar a sostenibilidade da pesquería do Fletán negro

Os estudios del potencial reproductivo das especies miden directamente a productividade da poboación. O potencial reproductivo determinase por a relación talla-idade (crecimiento) do peixe, a sua madurez, condición e fecundidade. Coñecer o potencial reproductivo e os factores que lle afectan, e esencial para a evaluación dos niveis sostenibles de unha pesquería e para a recuperación de poboacións sobreexplotadas. O fletán negro (Reinhardtius hippoglossoides) presenta unha amplia distribución no Atlántico noroeste. Así, o fletán negro en NAFO SA2+div. 3KLMNO atópase tanto dentro das 200 millas canadienses como en augas reguladas por NAFO. Este stock foi obxeto de unha gran pesquería por parte de España e Canadá. O tamaño da poboación nesta área disminuiu progresivamente, notándose o impacto nas pesquerías de ambos países. A pesar da sua importancia, a bioloxía reproductiva do fletán negro continúa sendo desconocida. Este proxecto ten por obxeto mellorar o coñecemento de varios aspectos da reproducción do fletán negro. Específicamente estudiaranse madurez, crecimento, condición e fecundidade. Estudiarase cómo e o desarrollo da maduración para coñecer se o fletán negro presenta fecundiade determinada e se a maduración é anual ou necesita mais de un ano para preparar a posta de ovos. Examinarase tamén os efectos das características parentais (talla, crecemento, condición enerxética) e da temperatura da auga na atresia, fecundidade e desenrolo e viabilidade de ovos e larvas. Desenrolanrase novos métodos para estimar a fecundidade e para determinar se os individuos son maduros ou inmaduros. Estos métodos estarán a disposición dos países para unha futura estimación da fecundidade e do potencial reproductivo do stock. Os resultados do proxecto incorporaránse ó asesoramento para mellorar o consello científico para a xestión deste importante stock e proporcionar mellores estimacións do período e medidas necesarias para permitir a recuperación do stock. No proxecto están involucrados tres institutos en cada país. En España o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e AZTI Tecnalia, participan con 7 investigadores. En Canadá participan tres laboratorios de “Fisheries and Oceans“: The Northwest Atlantic Fisheries Centre (St. John’s), Maurice Lamontagne Institute (Mont- Joli) e St. Andrews Biological Station (St. Andrews ), con 4 investigadores. Este proxecto quita proveito de expertos e instalación de ambos países, o que permite un programa de investigación que non sería posible en ningun dos países ou institutos por separado. O proxecto sustentase en colaboraciones que se se levaron a cabo nos últimos anos e terá como resultado o fortalecimento destas colaboracións no futuro.

Leave a Reply