Benvida a nosa nova predoutoral

Despois da súa exitosa tese de mestría, o 1 de decembro Cristina incorporouse ao noso equipo de investigación como a nova estudante de doutoramento, FELICIDADES!!!

Cristina desenvolverá a súa investigación durante os próximos 3 anos dentro do proxecto de doutorado “Ecoloxía do recrutamento da pescada europea: interacción entre pesca, medio ambiente e efectos maternais”. A principal hipótese que se aborda é a existencia dunha interacción entre a demografía poboacional da pescada europea e o medioambiente determinando a dinámica do recrutamento na plataforma galega. É a consecuencia do efecto maternal sobre a bioloxía da progenie, que interacciona co medioambiente, determinando a taxa de supervivencia larvaria e o recrutamento. Estes efectos maternais ven pronunciados pola presenza de dúas épocas de posta probablemente debidos á existencia de dúas poboacións maternais separadas con características diferentes, hipóteses que tamén se abordará.

O obxectivo xeral é analizar as causas que determinan o recrutamento na pescada con atención ás causas demográficas e ambientais; e estudar a posibilidade de que a presión pesqueira e o cambio climático estean a determinar os pulsos de recrutamento, asociados a efectos maternais sobre a progenie. O estudo realizarase coas mostraxes na plataforma galega entre outubro de 2016 e 2018, con mostraxes semanais de adultos da frota comercial e mostraxes de dúas campañas de investigación (marzo e xullo 2017) do proxecto Dreamer (CTM2015-66676- C2-1- R, 2016-2019). Para conseguir o obxectivo global, abordarase o problema mediante a análise das catro dinámicas clave:

1. Dinámica reprodutiva

2. Dinámica ambiental

3. Dinámica larvaria

4. Dinámica do recrutamento.

Alba y Cristina trabajando duro. El sistema de análisis de imagen echaba humo 😉

Bolsa e fundación:

A bolsa coa que teño o contrato predoctoral no grupo está concedida pola Fundación Tatiana Pérez Guzmán de Bueno. É unha das catro 4 bolsas/contratos predoctorales en Medio desta fundación para mozas que vaian realizar a súa tese doutoral nun programa de doutoramento acreditado oficialmente en España.

Leave a Reply