DOCENCIA

Ademais das tarefas investigadoras, son varios os membros do equipo que participan activamente en diferentes programas docentes. Estas son as actividades docentes mais destacadas do grupo nas que se inclúen curso de doutorado, master de posgrado e programa de formación do CSIC.

 

CURSO DE DOUTORADO

ECOLOXÍA DA REPRODUCCIÓN E POTENCIAL REPRODUCTIVO NAS POBOACIÓNS DE PEIXES MARIÑOS

Curso de Terceir ciclo da Universidade de Vigo (4 créditos)

Este curso complementase co curso tutelado “Análise de parámetros reproductivos en poboacións de peixes mariños” (12 créditos), impartido no segundo ano do programa.

Os obxectivos do curso son profundizar no coñecemento das estratexias reproductivas das diferentes especies mariñas capturadas comercialmente e as suas respostas ós cambios tanto medioambientais como boplcaionais debidos á pesca. Estudianse os diferentes tipos reproductivos, desenrolo ovocítico e embrionario, o cálculo da talla e idade de primeira maduración e as suas fluctuacións. Analízanse as diferencias entre estratexias na época e lugar de desove. As migraciones reproductivas e a bioenerxética da reproducción, o concepto de potencial reproductivo e en xeral todos aqueles parámetros reproductivos que inciden no reclutamento dos peixes nas suas poboacións respectivas así como os mecanismos que inciden nas fluctuacions do reclutamento, e as relacións y problemáticas de la relación stock-reclutamento.

 Materia impartida por Fran Saborido-Rey :

MASTER  DE POSGRAO

POSGRAO INTERUNIVERSITARIO GALEGO

MASTER E DOCTORADO EN ACUICULTURA (Universidade de Vigo)

Este posgrao proporcionará ao estudante os coñecementos, destrezas e aptitudes básicos para deseñar e levar a cabo investigación no campo da Acuicultura, deseñar, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e responder as necesidades de I+D+i do sector, implementando estratexias que permitan o futuro desenvolvemento da industria acuícola.

O Posgrao compaxina os enfoques académico, profesional e investigador. Por iso, non só participan o tres Universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), senón tamén todos os entes sociais que en Galicia están implicados en calquera área relacionada coa Acuicultura, incluíndo centros de formación (Instituto Galego de Formación en Acuicultura, IGAFA), centros de investigación (Instituto Español de Oceanografía, IEO, de Vigo e Coruña; Instituto de Investigacións Mariñas CSIC, Vigo; Centros de Investigacións Mariñas, CIMA, de Coróny Ribadeo), así como asociacións e Clusters de empresas como o Cluster de Acuicultura de Galicia e a Organización de Productores de Mexillón de Galicia (OPMEGA).

Modulo I. Bioloxía dos organismos de interese en acuicultura.

5.2. Crecemento. Reproducción. Desenvolvemento embrionario e larvario. Metamorfosis. Ciclos de vida das principaies especies cultivables.

Materia impartida por Fran Saborido-Rey:

 

GABINETE DE FORMACIÓN CSIC

MICROSCOPÍA E ANÁLISE DE IMAXEN

No 2008 este departamento impartiu o curso titulado “MIcroscopía e análise de imaxe”, organizado polo Gabinete de Formación do CSIC, cunha duración de 14 h. Nel describíronse os fundamentos da microscopía óptica, así como da análise de imaxe e as súas aplicacións en bioloxía, tales como a estereoloxía.

Curso impartido por Alexandre Alonso-Fernández y Fran Saborido-Rey:

Leave a Reply