Modelando a distribución de especies no IIM

O departamento de Ecoloxía e Recursos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) coordinou o curso “Modelado de distribucións de especies: métodos e aplicacións“. O curso celebrouse os días 10-13 de Septiembre de 2018 nas instalacións do propio IIM-CSIC. O equipo docente estivo formado por o Prof. David V. Conesa (Departmento d’Estadística i I.O., Universitat de València) e a Dr. María G. Pennino (Instituto Español de Oceanografía, Centro Costeiro de Vigo), ambos membros do  Statistical Modeling Ecology Group (SMEG). O curso describiu algúns dos métodos mais destacados de Species Distribution Models (SDM) actualmente en uso, tanto dende un enfoque frecuentista como bayesiano.

Example of SDM output

O curso tivo gran aceptación e contou coa representación de investigadores do IIM-CSIC, Universidade de Vigo (Future Ocean Lab), Universidade de Santiago de Compostela e incluso de organismos internacionais como o CONICET de Argentina.

Leave a Reply