Seminario final do proxecto CRAMER: Ecoloxía do reclutamento da pescada

Esta semana celebrouse o seminario final do proxecto CRAMER, enfocado ó estudo da ecoloxía do reclutamento da Pescada (Merluccius merluccius).

Neste seminario de tres días participaron con as suas contribucións e discusións científicas tres institucións de investigación españolas: i) Grupo de Ecoloxía Pesqueira, CSIC, ii) personal do Instituto Español de Oceanografía dos centros de Vigo, Málaga, Mallorca e Santander,  iii) AZTI. Tamén resultou moi valiosa a contribución dos investigadores arxentinos procedentes do INIDEP.

As discusións científicas incluiron temas como o potencial reproductivo, desenrolo embrionario, procesos de dispersión de ovos e larvas, crecemento… incluso as implicacións nos métodos de evaluación aplicados ó Stock NE Atlántico Sur de pescada. Aspectos metodolóxicos como a aplicación de técnicas acústicas para o estudo de distribución larvaria tamén formaron parte da axenda desta semana.

O proxecto finaliza en Xuño de 2014; pero xa dispoñemos dunha gran cantidade de interesantes resultados.

Leave a Reply