Cynoscion regalis en Galicia

Durante a segunda semana de xuño de 2018, no VII CONGRESS OF THE IBERIAN SOCIETY FOR ICTHYOLOGY, Rafa Bañón presentará a nosa última contribución científica ó estudo de Cynoscion regalis en augas galegas.

 

Cynoscion regalis é un esciaenido nativo do Atlántico noroeste, na costa de América do Norte. Foi reportado por primeira vez fora do seu rango nativo de distribución nun estuario belga en 2009. Seis especímenes foron capturados en diferentes lugares das costas atlánticas do noroeste de España en 2016. Levouse a cabo unha revisión dos rexistros desta especie non nativa en augas costeiras europeas. O feito de que varios especímenes desta especie foran capturados nos últimos 7 años, xunto cun amplio rango de distribución, podería indicar unha rápida expansión e procesos de colonización ó longo das costas do Atlántico nororiental.

Mapa interactivo actualizado EIQUÍ.

Leave a Reply